sábado, 18 de julio de 2009

De volta das miñas vacacións....

Non sei se alguén seguirá a ler o blog despois de rematado o curso e postas as notas, pero de todos xeitos eu seguirei escribindo algo de cando en vez, pois así quédame gardado no mesmo sitio determinadas cousas das que non me quero esquecer...
Tras estes 15 días de absoluto ocio e mínimo contacto co meu "querido" ordanador, xa ando de novo por aquí, con algún que outro traballo pendente de facer e coa miña curiosidade intentando cubrir as lagoas dos meus coñecementos...
Aquí vos deixo unha noticia sobre a empresa de Bill Gates, que tenta no quedarese sen o seu monopolio baixo ningún concepto...
http://www.lavozdegalicia.es/tecnologia/2009/07/13/00031247499756775464114.htm

Saúdos a todos e felices vacacións!

miércoles, 1 de julio de 2009

Aniversario do Walkman

Qué lonxe queda xa!! (e canto o usamos algúns no seu momento).
O walkman está de cumpreanos:
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/07/01/0003_7819945.htm

miércoles, 24 de junio de 2009

PARA RECUPERAR TIC EN SETEMBRO

Estas son as actividades para recuperar as TIC en setembro, que supoño que xa vos deron os titores.
Se tedes algunha dúbida xa sabedes o meu correo.

ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN DA ASIGNATURA DE T.I.C PARA SETEMBRO

MATERIAIS:

  • Libro de texto da asignatura (referenciado a principio de curso)

  • Información dispoñible no blog de clase (www.istoetic.blogspot.com)



En setembro os alumnos terán que realizar un exame tipo test sobre os temas do libro: tema 1, tema 2, tema 3, tema 4 e tema 9


Ademais, deberá facer as seguintes actividades no seu blog, tendo que combinar entradas directas e documentos enlazados dende google docs. Deben estar publicadas como data límite o 1 de setembro.

Como título de cada unha das entradas deberán poñer o tema, o nº de actividade e a páxina así como un título apropiado facendo referencia ó contido.

* As actividades en cursiva no tema 2 deben entregalas en papel.



DO TEMA 1:

  • Actividade 1 de páxina 9

  • Actividade 6 de páxina 13

  • Actividade 11 de páxina 15

  • Actividade 13 de páxina 16

  • Actividade 19 de páxina 20

  • Actividade 1 de páxina 22

  • Actividade 5 de páxina 22


DO TEMA 2:

  • Actividade 3 de páxina 25

  • Actividade 4 de páxina 25

  • Actividade 6 de páxina 27

  • Actividade 12 de páxina 40

  • Actividade 13 de páxina 40

  • Actividade 14 de páxina 40


  • Actividade 8 de páxina 35

  • Actividade 25 de páxina 50


DO TEMA 3:

  • Actividade 6 de páxina 54 (para elo hai que facer o 4 e o 5)

  • Actividade 33 de páxina 68

  • Actividade 35 e 37 de páxina 75 (xuntos na mesma entrada)

  • Actividade 4 de páxina 78


DO TEMA 4:

  • Actividades referenciadas na entrada do blod de clase “Rematando o curso_Ultimos exercicios”

  • Actividade 7 de páxina 104


DO TEMA 9:

  • Actividade 2 de páxina 229

  • Actividade 7 e 8 de páxina 235

  • Actividade 4 de páxina 248, subindo o resultado final e explicando os pasos dados


lunes, 15 de junio de 2009

Remata o curso_Últimos exercicios

Rematando o curso... ¡quen o ía dicir!
Aquí quedan os últimos exercicios desta andaina polo mundo das TIC.
http://docs.google.com/View?id=df47wvb5_266hrzxs75b

sábado, 23 de mayo de 2009

Unha saída rápida e bastante digna: GOOGLE SITES

Se entras na web de Google Sites comprobarás que novamente os Apps de Google che ofrecen unha boa ferramenta coa qeu poderás iniciarte no mundo do deseño de páxinas web dun xeito moi sinxelo e sen traumas.
http://www.google.com/sites/help/intl/es/overview.html
Aquí poderás ver un pequeno vídeo (en inglés! Pero se prestas atención algo entenderás) sobre esta ferramenta.
Neste enlace:
http://sites.google.com/support/?hl=es
atoparás de modo detallado unha introducción do como usar "Google sites".
Despois deste curso deberías estar algo máis acostumad@ a "sacarte las castallas del fuego" ti mesmo e a "buscarte la vida" a través da rede e das súas infinitas opcións. Así que nesta caso debes ler (PACIENCIA!! Xa sei qeu non é a túa aficción favorita) e moverte polas difrentes entradas ata conseguir deseñar a páxina da túa empresa.
Valorarase o contido, a claridade, a facilidade de localizar contidos, o vocabulario, a orixinalidade, a estética ... Vamos, todo o que fai unha web atractiva.

Imaxinación e páxina web

Coa información contida na páxina "HTML con clase" deberiamos ser capaces de crear unha páxina web completa dende o principio, pero isto requiriría moito máis tempo do que nos queda; veresmos en breve unha solución rápida -aínda que tamén máis limitada-, pero que nos poderá servir para comezar.

Pero antes diso é hora de exprimir un pouco a vosa imaxinación (que corre o risco de quedar atrofiada):
  • Acabas de crear unha empresa na que ofreces algún producto ou servicio novidoso (ti eres o director xeral polo que ti decides todo o que queres).
  • Tes que deseñar a estructura básica dunha páxina web da empresa
  • Terás que idear un logo sinxelo, un eslogan e inventar un nome para a empresa.
Debes enviar o deseño básico cos diferentes apartados que terá a web e noutra folla do documento debédesme explicar brevemente en que consistiría a túa empresa, a que público vai dirixida e que demanda vai cubrir ese producto.

A linguaxe HTML. Comezamos a programar...

A seguinte seguinte páxina web é un sitio con MOITÍSIMA información sobre a linguaxe HTML e sobre as páxinas webs en xeral.
Queda pouco tempo de curso, así que non poderemos aproveitar toda a valiosa información que aí aparece recollida. Pero nos días de clase que quedan nesta semana debedes realizar como mínimo as tres primeiras actividades do titorial que aparece nela. Debedes ir enviándome os diferentes arquivos que vos pide ir creando e recordade prestar a atención ó que ledes pois faremos un cuestionario sobre elo.

Algo de páxinas web...

Nos próximos días ímoslle dedicar un chisquiño de tempo ás páxinas web...
Se ben tod@s as usamos continuamente é importante que entendamos -ou menos pretenciosamente, comecemos a vislumbrar- que é realmente unha web, que hai detrás dela, que diferencias hai cos blog, como se pode crear unha web, que vai escrito "detrás" do que nós vemos ó teclear unha dirección....

Comezaremos respondendo a unha serie de cuestións que teredes que buscar e enviar respostadas ó meu correo O LUNS 25 de maio, ó remate da clase. Trátase de que busquedes as respostas e vos paredes a ler detidamente o bombardeo de información que aparecerá, tentando sacer unha idea o máis concreta posible e redactala coas vosas palabras.

SABER BUSCAR na rede é hoxe en día fundamental. Idear e aprender estratexias para buscar dunha maneira rápida e eficiente é, no case infinito océano de información -o cal crece e crece cada día-, totalmente necesario para non quedar sumerxidos e afogar.

No seguinte enlace tedes as preguntas. Debedes indicarme as páxinas webs das que finalmente sacastes a información.

jueves, 21 de mayo de 2009

Unha noticia "tecnolóxica" triste, pero que ten un toque que che fai sorrir

Impresionante que haxa xente desta idade con esta vitalidade!! Oxalá nos serva de exemplo
O podcast é digno de escoitar. Di moitas cousas, algunhas coas que estaredes dacordo, outra que tal vez vos fagan pensar, outras nas que non coincidiredes...pero se o escoitades con algo de atención di moitas cousas merecedoras de adicarlle un par de segundos do voso tempo.
http://lahuelladigital.blogspot.com/2009/05/muere-la-abuela-bloguera.html

Os vellos teñen a sabiduría que só os anos poden dar...

jueves, 14 de mayo de 2009

Do youtube a mp3 e de texto a voz

Se vos gusta un vídeo de youtube e queredes extraer só a súa música en formato mp3 podedes facelo directamente a través desta páxina, sen máis que copiar a URL do vídeo onde vos indica.
http://www.vidtomp3.com/

Grazas Óscar

Outra páxina interesante é http://vozme.com/index.php?lang=es onde podedes introducir un texto e a propia aplicación crea un arquivo de son co contido deste. (A cuestión é que a voz é bastante impersoal, pero para xogar un rato non está mal).

Grazas Emilio
Outro conversor máis de texto a voz. Paréceme que soa mellor que o anterior. Probádeo.
Grazas Daniel

domingo, 10 de mayo de 2009

sábado, 9 de mayo de 2009

Un blog interesante

Para rir un anaco!!
Pero lédeo detidamente, vos que estádes próximos ós 18 e ó ansiado carnet... Ter isto en mente pode ser de vital importancia.
http://tardeselectricas.blogspot.com/2009/03/deportes-de-riesgo-conducir-en-vigo.html

jueves, 7 de mayo de 2009

A MIÑA PRIMEIRA VEZ... GRAVANDO VOZ

ISTO FOI O MEU PRIMEIRO ARQUIVO DE SON GRAVADO CO AUDACITY!!
Isto das primeiras veces é o que ten... Moi emocionante, pero como case sempre o resultado un tanto decepcionante...

Enlace de contos en mp3

Neste enlace podedes descargar sen problema contos en MP3 para traballar con eles no 3º traballo do audacity
http://www.radioteca.net/rtk_audios.php?pagina=6&id=12
Grazas, Eugenio

martes, 5 de mayo de 2009

Comezamos co Audacity


Primeiras instruccións sobre o Audacity...
Mirade o enlace e lede con calma os enunciados dos exercicios propostos.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_250gm5wr4hh

Traballo con Windows Movie Maker

Dadas o sinfín de dificultades técnicas coas que me topei, o traballo de edición de vídeo será un traballo para casa. No seguinte enlace podedes ver a condicións deste traballo, o cal ten que ser INDIVIDUAL. Aínda que se fixera a exposición por parellas, cada un deberá tratar o vídeo na súa casa -seguro que o resultado será diferente-.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_249fq6nxwc2

lunes, 4 de mayo de 2009

AS VOSAS PROPOSTAS PARA O TRIMESTRE

As son as propostas que recollón dos vosos blogs para este trimestre:
  • PROGRAMA DE SON E VÍDEO (traballaremos co Audacity)
  • CREACIÓN DUN PROGRAMA --> PROGRAMAR UNHA CALCULADORA
  • CREAR PÁXINAS WEB
  • NON MÁIS GIMP – (mentras que outros din que é O QUE MÁIS GUSTOU)
  • MÁIS TEMPO PARA FACER OS TRABALLOS
(¿¿pero se a metade as veces estades sen facer nada???)
  • DAR A COÑECER O FUNCIONAMENTO DE TODOS OS PROGRAMAS QUE USAMOS A DIARIO... 
  • (Pero se os usades a diario suponse que xa os sabedes manexar, non??)
  • TEORÍA (“trabajos prácticos no tienen ninguna utilidad”)
  • ¿PHOTOSHOP?? Non é posible, é software propietario
Está prohibido nos centros de ensino se non se teñen/mercan as licenzas
  • COMO MANEXAR O MAIL (¿¿¿)
  • SABER ALGO MÁIS SOBRE HACKERS
Na medida do posible tentarei levalas á práctica, se ben algunhas son contradictorias...

3º TRIMESTRE ALUMNOS DE BACH C e D

No seguinte enlace podedes ir vendo os traballos que deberíades levar entregado neste trimestre.

http://spreadsheets.google.com/pub?key=rgPT0JQTMlF05gAe6X7v8QQ

As dúas últimas filas fan referencia a traballos que aínda non experiou a data de entrega e aínda están por definir totalmente as condicións do traballo.
Os demais apartados xa foron corrixidos e puntuados por tanto, e salvo ós que lle mandei corrixir algo do contido ou do formato, non poden ser entregados xa.

Recordade que TODO o que mande facer será puntuado, obviamente dun modo ponderado en función da dificultade e extensión do traballo ou actividade proposto.

Unha web interesante

Unha web que merece a pena visitar

http://es.wikipedia.org/wiki/The_Pirate_Bay

Moitas grazas por todo, Abel

martes, 28 de abril de 2009

Problemas coa edición de vídeo

Despois da infructuosa (e desesperante) clase de hoxe á última hora, levo un bo rato paseándome por diferentes foros de internet sobre o WMovie Maker e indigando o problema que hai cos arquivos da nosa cámara dixital.

Polo que puiden ler, as cámaras gravan os arquivos en formato .mod e algunhas versións do programa non os aceptan. Según lin, os .mod son en realidade arquivos .mpg (e estes si que non deberían dar ningún problema para importalos con WMM).

Por sorte parece que non hai que usar ningún conversor, senón que simplemente podemos cambiar a extensión do arquivo e poñer .mpg e lugar de .mod. Din que así funciona. Mañán probaremos.

OLLO!! Se non podedes ver a extensión dos vosos arquivos tedes que ir:
mi pc > menú herramientas > opciones de carpeta > menú ver > (buscar cara ó final onde di "ocultar extensión" e desactivalo se está activado).

Titoriais sobre o Windows Movie Maker

O SEGUINTE TUTORIAL É SINXELO, PERO PODE QUE VOS SEXA ÚTIL SE NALGÚN MOMENTO NON TEDES MOI CLARO COMO FACER AS COUSAS...
Usando o Movie Maker Usando o Movie Maker adrianassousa Tutorial do programa Windows Movie Maker elaborado pela professora Adriana Sousa para o curso "Educação Matemática e o Uso das Tecnologias" oferecido pelo NTE16 - Vitória da Conquista-BA em junho/2008.

OUTRA MÁIS DETALLADO (ESTA VEZ EN INGLÉS)
Windows Movie Maker Windows Movie Maker mahatheone. Easy way and step by step instruction that will help you use the Windows Movie Maker

domingo, 26 de abril de 2009

CONFERENCIAS sobre SOFTWARE LIBRE

Para os que estean interasados déixovos aquí un enlace sobre as conferencias que vai en Vigo esta semana Richard M. Stallman, o presidente de FSF, a Fundación do Software Libre.
https://www.fsf.org/events/rms-speeches.html

Estará en toda Galicia pero en concreto poderedes velo en Vigo o xoves 30 de abril, no auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo, a partir das 16:00 h onde pronunciará dúas conferencias cos títulos "El Movimiento del Software Libre" e "El Peligro de las Patentes de Software". Estas conferencias están enmarcadas no Máster en Software Libre de Caixanova, pero son de libre acceso. Para poder asistir é necesario cubrir un formulario, por razóns de cálculo do aforo.

martes, 14 de abril de 2009

DEREITOS DE AUTOR E DEMAIS (para os de BACH C e D)

Presentación sobre dereitos de autor, propiedade intelectual..
BOTÁDELLE UN OLLO!! (ou os dous)
Recordade que tedes que facer o traballo sobre as licencias CREATIVE COMMONS que está detallado no pdf que vos mandei

PRESENTACIÓN

Enlace á presentación sobre as actividades deste trimestre
http://docs.google.com/Presentation?docid=df47wvb5_215f7w2kscr&hl=en

PRIMEIRA ACTIVIDADE DO TRIMESTRE

Enlace co exercicio sobre RSS e PODCAST para os alumnos de A,B e E
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_244cvhzj3dm

domingo, 12 de abril de 2009

COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE


PETICIÓNS e PROMESAS DE SEMANAN SANTA:
Dado que esta é unha época na que moitos acuden ós seus santiños a facer peticións e promesas, eu tamén aproveitarei:

- Pídovos a vós atención, traballo e esforzo, para que o final de curso transcorra sen problemas, que o ritmo de traballo se acelere en varios de vós, que entreguedas os traballos na data e que por fin consigades entender algúns que a aula de informática non é un ciber.

- Pídovos tamén poñer boa cara cando propoña actividades que non vos resulten de todo atractivas (tendo en conta que a vosa frase máis usada é "esto es un rollo" vai ser difícil, seino)

- Pídovos darlle uso a esas "cabesiñas", que poden dar moito máis rendemento do que lles estades a sacar...

- Pídovos tamén paciencia e ata algún atismo de estima cando meta a pata, me esqueza de subir algo ou non teña clara algunha das vosas preguntas (recordade que os que nacestes co ordenador baixo o brazo fostes vós, eu inda era das que viña co pan).

- Prometo tentar facer actividades o máis amenas posibles (pero recordade que o currículum non o poño eu) e seguir estudando e investigando cousas novas que contarvos e que vos sexan útiles

- Prometo ter paciencia (ata onde me chegue) os martes e os xoves a 6ª hora

Neste tono cómico espero que teñades descansado moito nas vacacións, veñades con forzas renovadas e leades esta entrada con atención e poidamos todos desfrutar dun agradable e proveitoso fin de trimestre.

domingo, 29 de marzo de 2009

NOTAS TIC (BACH A, B e E)

Por fin vos colgo o enlace á folla de cálculo coas vosas notas desta avaliación
Mañán discutimos o que non estea claro!
http://spreadsheets.google.com/pub?key=pGhLElajgOvlaIHBJRU2BUQ

Veña, que xa non queda nada para esas esperadas vacacións

MODUS OPERANDI DUN CIBERDELINCUENTE

El modus operandi del ciberdelincuente o persona que utiliza interenet para cometer las distintas modalidades de delitos informáticos, como las estafas, el delincuente se hace con los nombres y contraseñas de banca electrónica, introduciendo pequeños programas (troyanos, gusanos, etc.) sin conocimiento o suplantando la imagen institucional de la entidad bancaria o Administración (Hacienda, Seguridad Social, Agencia Tributaria, etc.), permitiendo así a los estafadores hacerse con los nombres de usuario y contraseña de la banca electrónica. Mediante el uso de las claves que obtienen acceden a la cuenta bancaria de sus víctimas y hacen una transferencia fraudulenta a cuentas, generalmente, intermediarias, a las que se denominan "muleros" (persona que actúa de intermediaria en el blanqueo), que se encargan de retirar el dinero, procediendo posteriormente, a su envío a los organizadores de la estafa. Los "muleros", son captados a través de anuncios en Internet y de foros.
INFORMACIÓN OBTIDADA DA WEB:
http://www.auditoreslopd.com/Internet/delincinformatica/index.html

viernes, 27 de marzo de 2009

Os perigos de rede... Virus, espías e compañía

A noticia saltaba hoxe ós titulares de prensa...

LÉDEA

Esta é de hai máis tempo, pero quizais vos interese porque é un gusano que ataca directamente dende Facebook e Myspace
http://blog.networkingactivo.com/2008/08/06/un-nuevo-gusano-actua-a-traves-de-facebook-y-myspace/

Unha páxina de seguridade onde se explica lixeiramente como son capturados os datos e como investigan a onde se están enviando. Poderedes comprobar que non é nada sinxelo cazar ós ciberdelincuentes.
http://seguridad.internautas.org/html/4143.html


Debemos ser conscientes dos perigos que corremos e do vulnerable que é a información nesta época. Tentade ser o máis coidadosos posibles, non ter material persoal e comprometido nos vosos ordenadores persoais e estar alerta en todo momento...

AS REGLAS DE BILL GATES

Moi recomendable lelas e aínda máis telas en conta!!
(artigo localizado grazas a Abel, en relación coa entrada do xuíz de menores EMILIO CALATAYUD. Graciñas!!)
LAS REGLAS DE BILL GATES LAS REGLAS DE BILL GATES Julius Magnus

jueves, 26 de marzo de 2009

Sobre dereitos e deberes

Se tedes un ratiño, escoitade este vídeo.
O que fala é un xuíz de menores granadino, moi famoso polas súas sentencias "orixinais".

Di cousas moi interesanes, nas que deberiamos pensar todos; pais, alumnos e tamén profesores pola parte que nos toca.

http://www.youtube.com/watch?v=K2GTauJT5Vg

Algunha veces cando vos escoito falar, ou vexo certos comportamentos, ou vós mesmos me contades, non podo evitar coincidir cunha frase que él repite varias veces "hemos perdido el norte".
E eu engado "e sen unha brúxula que marque o norte, é moi fácil perderse"

Se alguén lle parece interesante pode localizar en youtube a continuación

lunes, 16 de marzo de 2009

Noticias da rede....PARADOXAS, perigos e novidades

Podedes aquí unha noticia cando menos paradóxica. O inventor da criatura timado por ela...

E aquí outra nova que me enviou Abel sobre as futuras baterías.

A cultura é máis que unha fórmula química

Notas 2ª avaliación

Enlace á folla de cálculo coas notas dos exercicios da avaliación que xa están puntuados

TEMPORALMENTE NON ESTÁ DISPOÑIBLE ESTE ENLACE (estou en "xornada de reflexión")

martes, 10 de marzo de 2009

GIF dos alumnos de A,B e E

Como vedes hoxe fixen os deberes eu tamén...
Grazas ás exposición de Andrea colguei no PHOTOBUCKET un album cos gifs que me enviastes hoxe na clase.
Os morosos, acabádeo canto antes. En xeral, Moi ben, seguide así!!
Enlace

O MEU GIF FIETO NO GIMP


O meu non está tan traballado como algún dos vosos, pero eu estou toda orgullosa do meu traballo!!

A colaboración, o traballo en grupo e o intercambio de información son as mellores armas da web 2.0

lunes, 9 de marzo de 2009

Enlace á webquest

Para que non teñades que entrar no correo cada vez que queirades ver a actividade da webquest sobre ENERXÍA NUCLEAR aquí vos queda o enlace á mesma.

domingo, 8 de marzo de 2009

AS MULLERES E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

DATOS DO INE (INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA) DO 15-10-2008

La brecha digital

La brecha digital de género (es decir, la diferencia de puntos entre sexos respecto a los principales indicadores de uso de TIC) se reduce en 2008 en el uso de ordenador. Sin embargo, aumenta en el acceso a internet y en el uso frecuente del mismo.

Brecha Digital Encuesta INE sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de Información en Hogares Españoles 2008

La brecha digital de género (diferencia entre porcentajes de hombres y mujeres) (Años 2004-2008)

Dado que hoxe se celebra o día da muller traballadora e recordando o importante que é camiñar cara a igualdade de oportunidades, déixovos aquí estes datos, moi recentes -como podedes ver-, aportados por un dos organismos máis serios a nivel nacional.

Quero que nunha entrada no voso blog valoredes as consecuencias que pode ter a existencia desta brecha e expoñedes cales poden ser segundo o voso parecer as causas.


INFORMACIÓN EXTRAÍDA DA PÁXINA:

http://images.google.es/imgres?imgurl=http://www.casadomo.com/images/news/20081015_ine_2008_evolucion.jpg&imgrefurl=http://www.casadomo.com/noticiasDetalle.aspx%3Fid%3D11155%26c%3D6%26idm%3D10%26pat%3D10&usg=__yDt1gdC8lHL2n_Xf9H17Q0VvemA=&h=498&w=468&sz=46&hl=es&start=2&sig2=aZNjrvEALcxfDIfTCCwOyg&um=1&tbnid=28nevlQUwPOQkM:&tbnh=130&tbnw=122&ei=_RW0SY_OC9SD-AadrLTqAg&prev=/images%3Fq%3Devoluci%25C3%25B3n%2Buso%2Binternet%26hl%3Des%26sa%3DN%26um%3D1

jueves, 5 de marzo de 2009

UNHA VISIÓN ORIXINAL DE WEB 2.0

O VOSO QUERIDO FACEBOOK SAE NA PRENSA


Artigo de portada da Voz de Galicia edición dixital (5 de marzo de 09)



Ollo coa información que dades!! Calquera pode facerse con ela e darlle un uso inapropiado

martes, 3 de marzo de 2009

PLAN de BOLONIA (A universidade está á volta da esquina para vós)

Se ben teño que aclarar que os da tele pública non me paga nada, paréceme importante que esteades informados sobre o xa famoso "Plan de Bolonia", que afectará ó voso próximo futuro universitario.
http://www.rtve.es/noticias/20090227/rtve-vuelca-aclarar-tus-dudas-sobre-plan-bolonia-con-una-programacion-especial/239006.shtml
Nesta web hai información sobre os diferentes programas especiais que se van emitir nesta canle para informar ós cidadáns deste tema, un gran descoñecido que xa está aí.
Aí queda por se alguén lle interesa.

miércoles, 18 de febrero de 2009

CONCEPTOS BÁSICOS DE LINUX

PARA os alumnos de TIC que vos fostes de excursión o martes:
Ese día estivemos repasando unha serie de conceptos e ideas que Emilio foi "vertendo" o primeiro día da súa exposición para ir asentando os mesmos.
Aquí vos queda o enlace coas preguntas que estivemos respondendo entre todos. Nun ratiño libre, mirade se seríades capaces de respostar a estas preguntas. Se alguén quere saber algunha resposta sobre este cuestionario, enviádeme un correo.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_207fn77b7f3

martes, 17 de febrero de 2009

BIOS

Por cortesía de Abel aí vos deixo un enlace sobre a BIOS onde podedes ver o que significan as súas siglas e algunha información máis:
http://es.wikipedia.org/wiki/BIOS

lunes, 16 de febrero de 2009

ARQUIVOS CON FORMATO .ISO

RECORDADE QUE TEDES QUE GRAVAR NUN CD O UBUNTU PARA QUE EMILIO POIDA EXPLICARVOS O RESTO DA SÚA EXPOSICIÓN.

PASOS:
- Entrar na páxina de Ubuntu e descargar a versión 8.04
(para isto o máis cómodo é poñer no google directemente "descargar Ubuntu 8.04" )
- Cando o descarguedes teredes no voso ordenador un arquivo duns 700Mb con formato .iso

¿Que é .iso?

iso

Imagen ISO é un arquiivo onde se almacena unha copia ou imaxe exacta dun sistema de ficheiros, normalmente un disco compacto (como un CD ou un DVD). Principalmente as imaxes ISO son gravadas nun CD ou DVD completamente en branco para ser despois empregadas.



¿Como grabar/quemar una imagen .iso?

grabarcd

Para grabar unha imaxe .iso nun CD/DVD utilizaremos un programa gratuito chamado:

ISO Recorder

Seguro que se buscades atoparedes outros que vos permiten facer o mesmo. Co propio Nero tamén podedes facelo (se na casa tedes o Nero e queredes ver de modo detallado como facelo, basta con que poñades en google "Grabar archivos iso" e localizaredes algunha explicación facilmente).

Neste enlace explícase de onde o podedes descargar e algunhas capturas de pantalla que vos poden axudar.

http://www.illi-pro.com/que-son-los-archivos-iso-y-como-grabarlos-quemarlos-en-un-cd-dvd-o-emularlos-con-daemon-tools/

Se tedes problemas, avisádeme.

HOT POTATOES

Para os que vaiades facer un tema teórico, aquí tedes un par de enlaces que vos permitirán usar un programa chamado "HOT POTATOES" que permite crear actividades interactivas.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_205fvgpq4dc

domingo, 8 de febrero de 2009

DATAS PARA AS EXPOSICIÓNS

Aquí vos quedan os CALENDARIO COAS DATAS DAS EXPOSICIÓNS de cada un dos grupos. Comprobade que día vos toca, asegurádevos de que tedes claro o que queredes facer, o que se vai avaliar, os recursos que vos van facer falla... Aquilo que vos faga falla comprobar, fotocopiar, colocar... debedes dicirmo con certa antelación.
É imprescindible facer este traballo para aprobar a avaliación. Se alguén non pode vir na data que lle corresponde deberá avisarme en canto o saiba.
Se se debe a un imprevisto e non o sabedes ata ese día teredes que facelo ó día que volvades a clase.
Se facedes clic onde di "Agenda" (na esquina superior dereita do calendario) seravos máis fácil localizar a data da vosa exposición.


jueves, 5 de febrero de 2009

OLLOS "ROXOS" NAS FOTOS

Cando comecei a estudar o GIMP a miña aspiración inmediata era aprender a quitarlle os ollos roxos ás fotos.

Seguramente moitos de vós xa sabíades facelo co Photoshop ou algún outro programiña similar.
Por se hai alguén que non sabe como facelo dicirvos que existe un filtro que directemente se chama "quitar ojos rojos".

Se queredes un método máis eleborado aquí atopei un magnífico titorial onde o explica con moito detalle. O problema é localizar algunha das opcións que cita. Algunhas pode que non saibades onde están (non vimos todas as opcións que garda GIMP) e outras non están nas rutas que indica, pero buscándoas, aparecen.
http://www.usuarios.lycos.es/ciberespaciojoven/Ojos_Rojos.htm

Aquí vos queda, por se vos fixera falla.

martes, 3 de febrero de 2009

XOGANDO CO GIMP



Agora que xa sabemos (ou debemos saber) algo de capas, sabemos como movelas cando existen varias, como facelas parcialmente transparentes, cambiar cores de fondo e de liñas, crear capas novas, borrar outras, combinar varias...




Trátase de facer algo entretido e orixinal!!




Partindo dunha foto vosa tedes que ser capaces de facer unha "caricatura" de vós mesmos.




Teredes que usar diferentes ferramentas e valorarase a orixinalidade, a complexidade do producto final, o número de ferramentas empregadas...




Debedes colgar o resultado final no blog e poñer os pasos seguidos de xeito detallado.




Tedes unha sesión para facer isto!! A traballar

viernes, 30 de enero de 2009

INFO ADICIONAL (POR CORTESÍA DE ABEL)


A modo anecdótico e como información adicional relacionada co infinito mundo das TIC esta entrada fala dun tipo de dispositivo denominado SAI que pode servos útil nalgún momento se o voso PC contén algún día información que consideredes de especial importancia.
Estas siglas correspóndense co termo "Sistema de Alimentación Ininterrumpida" e é, para entendernos, unha batería que suministra enerxía en caso de corte no sumistro eléctrico. Permiterá así que o voso ordenador non se "decate" se falta a corrente na casa.
Se tedes certa curiosidade podedes ler o seguinte enlace da wikipedia.

Sen dúbida que o traballo en equipo e o intercambio de información é o mellor modo de que a a ciencia e a sociedade en xeral avance.
A todos os meus alumnos que me dan novas ideas, me obrigan a tentar estar ó día e me ensinan novas cousas día a día, GRAZAS.

martes, 27 de enero de 2009

Reducir o tamaño dunha foto

Moitas veces queremos enviarlle a alguén unha colección de fotos ou queremos colgalas en algún lugar da rede; pero con frecuencia esas fotos "pesan" moito xa que a maioría das cámaras dixitais traballan con altas calidades e isto dá como resultado fotos que ocupan moito tamaño.
Se é unha soa foto xa deberíades recordar que o GIMP ten unha ferramenta que permite escalar a foto e por tanto reducir as súas dimensións e así o o seu peso.
Pero se queredes reducir 50 fotos, por exemplo, abrila unha por unha sería moi tedioso.
Existe na rede un programiña de rápida descarga denominado "resize" que vos permitirá reducir o tamaño de varias fotos simultáneamente. Podédelo topar facilmente na páxina de softonic
A min resúltame bastante práctico. Pode que a vós tamén. Recordádeo se algún día precisades sabelo.

jueves, 22 de enero de 2009

Apariencia dun slide show

A páxina na que vos mando entrar para poñer algunha das vosas fotos permitiravos darlle unha aparienza deste tipo

miércoles, 21 de enero de 2009

OLLO!! NOVO VIRUS ANDA SOLTO

Se entrades na páxina do Ministerio
http://alerta-antivirus.inteco.es/portada/index.php
infórmavos de maneira actualizada dos virus que andan soltos pola rede.

... Infección masiva de ordenadores por el gusano Downadup (Conficker) . En los últimos días se está detectando una infección masiva de ordenadores producida por el gusano Downadup, también conocido como Conficker....

O QUE HAI QUE ENTREGAR DO GIMP (I)

ENTRADA 1: "O meu slide show con fotos do Gimp"
Usando a ferramenta do "slide" (poñendo no google "slide" abride a primeira páxina www.slide.com), debedes creer unha mostra móbil das imaxes que creastes co Gimp este días.

As imaxes que deben aparecer son:
- a foto con marco
- as fotos cos diferentes filtros que vos pide probar na unidade00
- a imaxe á que aplicastes a lente
- as imaxes do arquero coas diferentes variantes de color
- unha foto vosa modificada con algunha das ferramentas estudiadas ata agora

Debedes investigar vós como usar esta ferramenta e como facer para inserila no voso blog. Se non sodes capaces explicareino eu, pero é importante que vós "investiguedes" e vos atrevades a probar.

A esta entrada tedes que poñerlle un breve texto de entrada.

ENTRADA 2:"Ferramentas do gimp"
En formato de táboa debedes crear unha lista con 8 ferramentas que levedes usado do Gimp e comentar (COA VOSA EXPLICACIÓN) qué permite facer cada unha e citar un exemplo de onde a usastes. Utilizando a captura de pantalla tedes que mostrar na táboa a icona de cada unha das ferramentas comentadas.

Ademais debedes comentar como modificar a cor dun obxecto de modo detallado.

Ese documento debedes subilo a google docs e despois copiar o enlace no blog.

ENTRADA 3:"Montaxe de fotos"
O resultado final da foto "guardian-guardadas" cun breve comentario sobre como o fixestes.

ENVIAR Ó MEU CORREO:
Ó meu correo electrónico debédesme enviar:
- o arquero nos diferentes formatos en que se pedía gardalo e darme as propiedades de cada unha destas imaxes
- o can " a la alza" e "a la baja" e comentar que ocorre ó facer estas dúas modificacións
- o exercicio de "capas" dos círculos
- o exercicio das capas transparentes

martes, 20 de enero de 2009

TEMAS TEÓRICOS

Para os que queirades facer un tema teórico como exposición oral aquí vos queda o enlace cos 5 temas propostos.
Os que dicidades facer un destes temas, dado que xa dou prácticamente o guión feito,non é preciso que me entreguedes nada. O que si teredes que entregarme, antes da vosa exposición é un guión co tipo de exercicios que ides propoñer.
O tema 5 está menos concretado que os outros, polo que quen queira facer este ten qeu concretar algo máis os puntos.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_204dv6mvzcn

domingo, 11 de enero de 2009

Terminoloxía TIC

Coa rapidez que avanza a "sociedade da información" é case imposible estar o día de todas as novas aparicións, modificacións, correccións... ou dominar toda a terminoloxía nova que vai xurdindo con cada nova idea.

Hoxe pódese ler na prensa "Aparece a versión beta do Windows7" (o substituto do windows Vista). O termos version beta aparece con frecuencia ó falar de software, pero se coma min non tedes moi claro o que significa entrade no seguinte enlace da wikipedia (bendita wikipedia!!)
http://es.wikipedia.org/wiki/Fases_del_desarrollo_de_software

OpenOffice Portable

Se algún quere ter dispoñible o open office na casa, pero non quere instalalo no ordenador neste enlace explícanvos o que é o "open office portable", que vos permitirá ter a suite ofimática completa nun usb para poder empregala en calquera ordenador sen necesidade de instalala.
http://www.genbeta.com/2008/12/21-openofficeorg-30-portable
Ó entrar nesta páxina veredes que vos remite a outra web (en inglés) de onde podederedes descargar este "programa de bolsillo".

sábado, 10 de enero de 2009

PUNTOS A VALORAR NA EXPOSICIÓN

No seguinte enlace podedes ver os aspectos que serán valorados na exposición.
Isto pode servirvos para puntuar vós mesmos a vosa exposición unha vez que a teñades preparada e ensaiada. Dicídelle a alguén que vos escoite e faga de profesor.
Tamén vos pode axudar a preparala xa que isto vos debe dar unha idea do que se pide.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_203hm82f973

Igual conviña botar contas...


Aprendemos…
10% do que lemos
20% do que oímos
30% do que vemos
50% do que vemos e oímos
70% do que discutimos con outros
80% do que intentamos
95% do que ensinamos a outros


(William Glasserin, Seven Ways of Knowing)



COMO CONSEGUIR ENCANDILAR Á AUDIENCIA...

Expoñer é unha actividade completa, non é suficiente dominar o tema, é necesario crear un ambiente, seducir, facer que a audiencia se apasione co teu tema. Ter estes consellos en conta á hora de construir as túas presentacións tal vez pode ser a diferenza entre obter un 5 ou un 7; conseguir ese ascenso, ou convencer a ese cliente...

Ten en conta os seguintes consellos á hora de preparar a túa presentación




A esencia do fracaso dunha presentación é ante todo o aburrimento. A xente pode soportar o ridículo e mesmo a estupidez, pero frente ó aburrimento queda indefensa.

http://my.opera.com/suribe/blog/2008/01/16/como-hacer-una-mala-presentacion
Non te lies, non aburras, non desenvolvas en exceso unha idea. Non debe haber información superflua. Que sexa sinxela, pero non simple. Breve pero contundente. Para isto é moi útil sentarse a pensar antes de nada ¿Cal é o propósito da miña exposición? ¿Que é o que a audiencia se debe levar despois de escoitarte/verte? ¿Que é o que espera e valora a audiencia?
Conta algo que mereza a pena ser contado ós amigos, familiares, colegas de traballo. Algo que a xente recorde. Algo que mereza a pena ser escoitado.

jueves, 8 de enero de 2009

Como descargar GIMP

Na páxina web do instituto podedes descargar o programa para empregalo na vosa casa.
http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?cat=34
Se alguén non é capaz de descargalo ou ten algún correo ó instalalo, mandádeme un correo dicíndomo e enviareivos as instruccións máis detalladas nun pdf.

Presentando o GIMP

GIMP é un programa de tratamento de imaxes libre. É ideal para tarefas como retocar fotografías, crear imaxes para unha web, etc. Distribúese baixo unha licenza libre, o que permite usalo, distribuilo o mesmoo adaptalo ás necesidades de cada un.
Gimp ten múltiples características, algunhas delas:
  • Traballa con capas
  • Soporte de plug-ins
  • Recoñece múltiples formatos de imaxes (PNG, JPEG, GIF, TIFF, MNG, BMP, PSD, e un longo etcétera)
  • É capaz de ler algúns formatos de gráficos vectoriais, como PostScript o SVG.
  • GIMP pode usarse tanto en sistemas Unix (como Linux) como nos Windows de Microsoft.

Ademais desta presentación do programa na páxina oficial do mesmo podedes atopar tamén un montón de entradas sobre aspectos que poden ser de interés.

Aquí déixovos o enlace ás FAQs pero hai moitas máis cousas

http://www.gimp.org.es/modules/xoopsfaq/index.php?cat_id=1#q1

miércoles, 7 de enero de 2009

NOVO TRABALLO_INSTRUCIÓNS

No seguinte enlace podedes ver as instruccións para o próximo traballo deste trimestre. Lédeas con calma e preguntade as dúbidas

http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_201dkpvmdm3

REMATAN AS FESTAS...

Para volver retomar os vosos blog o primeiro que debedes facer hoxe é unha pequena reflexión sobre estas festas; pode ser unha reflexión xeral sobre o nadal, un artigo gracioso sobre as festas, unha crítica ó noso modo de celebralo, unha flexión persoa sobre como pasastes vós as vacacións, un relato sobre o Nadal hoxe e cando tiña 10 anos menos... e ata un comentario sobre as TIC e os regalos de nadal.
Acompañade esta nova entrada do blog cunha imaxe navideña que vos guste.

Cando as teñades feitas mandádeme un mail co asunto "Nadal" e no corpo da mensaxe volvédeme escribir o enlace o voso blog (sobre todo aqueles que tiveron problemas, esqueceron os contrasinais, tiveron que crear 2 ou máis...)

REMATAN AS FESTAS... PROPÓSITOS DE ANO NOVO


Os pequerrechos da casa están aínda lamentando a marcha do gordo vestido de vermello, xa de volta cos seus renos camiño das frías terras; contáballe hoxe ó fillo duns amigos que me preguntaba polos Reis que din que os viron abandonar a Península camiño de Oriente cos seus camelos xa case diabéticos (de tantos doces e vasos de leite que lles deixaron el e os seus compañeiros de parvulario; menos mal que sempre quedan eles para manter a ilusión e seguir crendo nos soños!!)

Os adultos están a día de hoxe lamentándose dos quilos collidos, xurando ir ó ximnasio... "o luns" e facendo números que expliquen onde raios marchou a extraordinaria. E entre todos estes pensamentos que deixan xa lonxe a festa e o "jolgorio" miran de esguello ó despertador que lles recorda que volve a rutina de todos os días.

Os meus alumnos confío que se lles pasara xa a resaca dese -para algúns- primeiro fin de ano e que mañán veñan cheos de enerxía para facer honor á frase ben coñecida de "ano novo, vida nova". Espero que os sempre optimistas propósitos de ano novo se cumpran (eses de non volverei deixar todo para o domingo a tarde", non enfadarei ós meus pais con tanta frecuencia", non farei o simpático na clase de [...]", ..., non copiarei os traballos da rede", deixarei de visitar o Tuenti en clase de TIC",...)

Pola miña parte, despois de pasar dúas semanas tentando recuperar as horas de sono de final de curso, ordenar os apuntes, ir de cea en cea, visitar aquel que hai 2 meses lle dixera que o chamaba "mañán" e comer máis do necesario na casa dos avós fixen tamén os meus propósitos para este 2009. Quero: corrixir as cousas ó día, tentar traballar máis, non preparar as clases o domingo á tarde, mimar un pouco máis ós pequenos da miña titoría, tentar propoñer actividades o máis entretidas posibles e ser un pouco máis estricta nas datas de entrega -pois ser flexible non serviu de moito-.
Seguro que moitas destes propósitos quedarán ó 50% pero sobre todo espero que cando acabe o ano siga dicindo que teño o mellor traballo do mundo, o que sempre quixen facer.

Espero que entre todos o trimestre transcorra sen sobresaltos, enfados ou decepcións.