miércoles, 16 de junio de 2010

Fin de curso

Ola a todos!
Levo case un ano sen escribir, pero hoxe tiña ganas de facelo; así que usarei o meu blog como diario, aquilo para o que naceu nos seus inicios...
Acábase o curso, xa queda moi lonxe as clases de TIC cos meus peculiares alumnos de TIC; 2 grupso variopintos e especiais, sobre todo especiais. Eses alumnos especiais hoxe tiveron o seu primeiro día de selectividade. Oxalá eu puidera enviarlles toda a sorte que lles desexo. De todos xeitos estou segura que non lles ha facer falta.

Este ano non puiden impartir esta asignatura,e o certo é que a botei en falta. Quizais o ano que ven haxa a posibilidade de dala...non o sei... Xa vos contarei.
Hai un montón de cousas novas que saen cada día...Xa non sei cantas horas lle terei que adicar para poñerme ao día. Espero ter tempo en verán para seguir argallando coas novas ferramentas que cada día aparecen.

Saúdos a todos (se alguén me le aínda).

sábado, 18 de julio de 2009

De volta das miñas vacacións....

Non sei se alguén seguirá a ler o blog despois de rematado o curso e postas as notas, pero de todos xeitos eu seguirei escribindo algo de cando en vez, pois así quédame gardado no mesmo sitio determinadas cousas das que non me quero esquecer...
Tras estes 15 días de absoluto ocio e mínimo contacto co meu "querido" ordanador, xa ando de novo por aquí, con algún que outro traballo pendente de facer e coa miña curiosidade intentando cubrir as lagoas dos meus coñecementos...
Aquí vos deixo unha noticia sobre a empresa de Bill Gates, que tenta no quedarese sen o seu monopolio baixo ningún concepto...
http://www.lavozdegalicia.es/tecnologia/2009/07/13/00031247499756775464114.htm

Saúdos a todos e felices vacacións!

miércoles, 1 de julio de 2009

Aniversario do Walkman

Qué lonxe queda xa!! (e canto o usamos algúns no seu momento).
O walkman está de cumpreanos:
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/07/01/0003_7819945.htm

miércoles, 24 de junio de 2009

PARA RECUPERAR TIC EN SETEMBRO

Estas son as actividades para recuperar as TIC en setembro, que supoño que xa vos deron os titores.
Se tedes algunha dúbida xa sabedes o meu correo.

ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN DA ASIGNATURA DE T.I.C PARA SETEMBRO

MATERIAIS:

  • Libro de texto da asignatura (referenciado a principio de curso)

  • Información dispoñible no blog de clase (www.istoetic.blogspot.com)



En setembro os alumnos terán que realizar un exame tipo test sobre os temas do libro: tema 1, tema 2, tema 3, tema 4 e tema 9


Ademais, deberá facer as seguintes actividades no seu blog, tendo que combinar entradas directas e documentos enlazados dende google docs. Deben estar publicadas como data límite o 1 de setembro.

Como título de cada unha das entradas deberán poñer o tema, o nº de actividade e a páxina así como un título apropiado facendo referencia ó contido.

* As actividades en cursiva no tema 2 deben entregalas en papel.



DO TEMA 1:

  • Actividade 1 de páxina 9

  • Actividade 6 de páxina 13

  • Actividade 11 de páxina 15

  • Actividade 13 de páxina 16

  • Actividade 19 de páxina 20

  • Actividade 1 de páxina 22

  • Actividade 5 de páxina 22


DO TEMA 2:

  • Actividade 3 de páxina 25

  • Actividade 4 de páxina 25

  • Actividade 6 de páxina 27

  • Actividade 12 de páxina 40

  • Actividade 13 de páxina 40

  • Actividade 14 de páxina 40


  • Actividade 8 de páxina 35

  • Actividade 25 de páxina 50


DO TEMA 3:

  • Actividade 6 de páxina 54 (para elo hai que facer o 4 e o 5)

  • Actividade 33 de páxina 68

  • Actividade 35 e 37 de páxina 75 (xuntos na mesma entrada)

  • Actividade 4 de páxina 78


DO TEMA 4:

  • Actividades referenciadas na entrada do blod de clase “Rematando o curso_Ultimos exercicios”

  • Actividade 7 de páxina 104


DO TEMA 9:

  • Actividade 2 de páxina 229

  • Actividade 7 e 8 de páxina 235

  • Actividade 4 de páxina 248, subindo o resultado final e explicando os pasos dados


lunes, 15 de junio de 2009

Remata o curso_Últimos exercicios

Rematando o curso... ¡quen o ía dicir!
Aquí quedan os últimos exercicios desta andaina polo mundo das TIC.
http://docs.google.com/View?id=df47wvb5_266hrzxs75b

sábado, 23 de mayo de 2009

Unha saída rápida e bastante digna: GOOGLE SITES

Se entras na web de Google Sites comprobarás que novamente os Apps de Google che ofrecen unha boa ferramenta coa qeu poderás iniciarte no mundo do deseño de páxinas web dun xeito moi sinxelo e sen traumas.
http://www.google.com/sites/help/intl/es/overview.html
Aquí poderás ver un pequeno vídeo (en inglés! Pero se prestas atención algo entenderás) sobre esta ferramenta.
Neste enlace:
http://sites.google.com/support/?hl=es
atoparás de modo detallado unha introducción do como usar "Google sites".
Despois deste curso deberías estar algo máis acostumad@ a "sacarte las castallas del fuego" ti mesmo e a "buscarte la vida" a través da rede e das súas infinitas opcións. Así que nesta caso debes ler (PACIENCIA!! Xa sei qeu non é a túa aficción favorita) e moverte polas difrentes entradas ata conseguir deseñar a páxina da túa empresa.
Valorarase o contido, a claridade, a facilidade de localizar contidos, o vocabulario, a orixinalidade, a estética ... Vamos, todo o que fai unha web atractiva.

Imaxinación e páxina web

Coa información contida na páxina "HTML con clase" deberiamos ser capaces de crear unha páxina web completa dende o principio, pero isto requiriría moito máis tempo do que nos queda; veresmos en breve unha solución rápida -aínda que tamén máis limitada-, pero que nos poderá servir para comezar.

Pero antes diso é hora de exprimir un pouco a vosa imaxinación (que corre o risco de quedar atrofiada):
  • Acabas de crear unha empresa na que ofreces algún producto ou servicio novidoso (ti eres o director xeral polo que ti decides todo o que queres).
  • Tes que deseñar a estructura básica dunha páxina web da empresa
  • Terás que idear un logo sinxelo, un eslogan e inventar un nome para a empresa.
Debes enviar o deseño básico cos diferentes apartados que terá a web e noutra folla do documento debédesme explicar brevemente en que consistiría a túa empresa, a que público vai dirixida e que demanda vai cubrir ese producto.