Coa información contida na páxina "HTML con clase" deberiamos ser capaces de crear unha páxina web completa dende o principio, pero isto requiriría moito máis tempo do que nos queda; veresmos en breve unha solución rápida -aínda que tamén máis limitada-, pero que nos poderá servir para comezar.
Pero antes diso é hora de exprimir un pouco a vosa imaxinación (que corre o risco de quedar atrofiada):
- Acabas de crear unha empresa na que ofreces algún producto ou servicio novidoso (ti eres o director xeral polo que ti decides todo o que queres).
- Tes que deseñar a estructura básica dunha páxina web da empresa
- Terás que idear un logo sinxelo, un eslogan e inventar un nome para a empresa.
Debes enviar o deseño básico cos diferentes apartados que terá a web e noutra folla do documento debédesme explicar brevemente en que consistiría a túa empresa, a que público vai dirixida e que demanda vai cubrir ese producto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario