
PETICIÓNS e PROMESAS DE SEMANAN SANTA:
Dado que esta é unha época na que moitos acuden ós seus santiños a facer peticións e promesas, eu tamén aproveitarei:
- Pídovos a vós atención, traballo e esforzo, para que o final de curso transcorra sen problemas, que o ritmo de traballo se acelere en varios de vós, que entreguedas os traballos na data e que por fin consigades entender algúns que a aula de informática non é un ciber.
- Pídovos tamén poñer boa cara cando propoña actividades que non vos resulten de todo atractivas (tendo en conta que a vosa frase máis usada é "esto es un rollo" vai ser difícil, seino)
- Pídovos darlle uso a esas "cabesiñas", que poden dar moito máis rendemento do que lles estades a sacar...
- Pídovos tamén paciencia e ata algún atismo de estima cando meta a pata, me esqueza de subir algo ou non teña clara algunha das vosas preguntas (recordade que os que nacestes co ordenador baixo o brazo fostes vós, eu inda era das que viña co pan).
- Prometo tentar facer actividades o máis amenas posibles (pero recordade que o currículum non o poño eu) e seguir estudando e investigando cousas novas que contarvos e que vos sexan útiles
- Prometo ter paciencia (ata onde me chegue) os martes e os xoves a 6ª hora
Neste tono cómico espero que teñades descansado moito nas vacacións, veñades con forzas renovadas e leades esta entrada con atención e poidamos todos desfrutar dun agradable e proveitoso fin de trimestre.

No hay comentarios:
Publicar un comentario