Expoñer é unha actividade completa, non é suficiente dominar o tema, é necesario crear un ambiente, seducir, facer que a audiencia se apasione co teu tema. Ter estes consellos en conta á hora de construir as túas presentacións tal vez pode ser a diferenza entre obter un 5 ou un 7; conseguir ese ascenso, ou convencer a ese cliente...Ten en conta os seguintes consellos á hora de preparar a túa presentación
A esencia do fracaso dunha presentación é ante todo o aburrimento. A xente pode soportar o ridículo e mesmo a estupidez, pero frente ó aburrimento queda indefensa.
http://my.opera.com/suribe/blog/2008/01/16/como-hacer-una-mala-presentacion
Non te lies, non aburras, non desenvolvas en exceso unha idea. Non debe haber información superflua. Que sexa sinxela, pero non simple. Breve pero contundente. Para isto é moi útil sentarse a pensar antes de nada ¿Cal é o propósito da miña exposición? ¿Que é o que a audiencia se debe levar despois de escoitarte/verte? ¿Que é o que espera e valora a audiencia?
Conta algo que mereza a pena ser contado ós amigos, familiares, colegas de traballo. Algo que a xente recorde. Algo que mereza a pena ser escoitado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario