Nos próximos días ímoslle dedicar un chisquiño de tempo ás páxinas web...
Se ben tod@s as usamos continuamente é importante que entendamos -ou menos pretenciosamente, comecemos a vislumbrar- que é realmente unha web, que hai detrás dela, que diferencias hai cos blog, como se pode crear unha web, que vai escrito "detrás" do que nós vemos ó teclear unha dirección....
Comezaremos respondendo a unha serie de cuestións que teredes que buscar e enviar respostadas ó meu correo O LUNS 25 de maio, ó remate da clase. Trátase de que busquedes as respostas e vos paredes a ler detidamente o bombardeo de información que aparecerá, tentando sacer unha idea o máis concreta posible e redactala coas vosas palabras.
SABER BUSCAR na rede é hoxe en día fundamental. Idear e aprender estratexias para buscar dunha maneira rápida e eficiente é, no case infinito océano de información -o cal crece e crece cada día-, totalmente necesario para non quedar sumerxidos e afogar.
No seguinte enlace tedes as preguntas. Debedes indicarme as páxinas webs das que finalmente sacastes a información.
sábado, 23 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario