Despois da infructuosa (e desesperante) clase de hoxe á última hora, levo un bo rato paseándome por diferentes foros de internet sobre o WMovie Maker e indigando o problema que hai cos arquivos da nosa cámara dixital.
Polo que puiden ler, as cámaras gravan os arquivos en formato .mod e algunhas versións do programa non os aceptan. Según lin, os .mod son en realidade arquivos .mpg (e estes si que non deberían dar ningún problema para importalos con WMM).
Por sorte parece que non hai que usar ningún conversor, senón que simplemente podemos cambiar a extensión do arquivo e poñer .mpg e lugar de .mod. Din que así funciona. Mañán probaremos.
OLLO!! Se non podedes ver a extensión dos vosos arquivos tedes que ir:
mi pc > menú herramientas > opciones de carpeta > menú ver > (buscar cara ó final onde di "ocultar extensión" e desactivalo se está activado).
martes, 28 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario