martes, 27 de enero de 2009

Reducir o tamaño dunha foto

Moitas veces queremos enviarlle a alguén unha colección de fotos ou queremos colgalas en algún lugar da rede; pero con frecuencia esas fotos "pesan" moito xa que a maioría das cámaras dixitais traballan con altas calidades e isto dá como resultado fotos que ocupan moito tamaño.
Se é unha soa foto xa deberíades recordar que o GIMP ten unha ferramenta que permite escalar a foto e por tanto reducir as súas dimensións e así o o seu peso.
Pero se queredes reducir 50 fotos, por exemplo, abrila unha por unha sería moi tedioso.
Existe na rede un programiña de rápida descarga denominado "resize" que vos permitirá reducir o tamaño de varias fotos simultáneamente. Podédelo topar facilmente na páxina de softonic
A min resúltame bastante práctico. Pode que a vós tamén. Recordádeo se algún día precisades sabelo.

No hay comentarios: