viernes, 26 de septiembre de 2008

PRIMEIRA ACTIVIDADE

Parece que as cousas se van organizando...crucemos os dedos...
Así que é o momento de comezar a traballar.
En breve van vir de visita os primeiros estudantes do programa Comenius no que estamos a participar. PRECISAMOS DA VOSA COLABORACIÓN!
É preciso crear unha presentación (en principio en Power Point) sobre a cidade de Vigo e o IES do Castro para mostrarlla ós nosos convidados á súa chegada. Teredes que pensar ben que imaxes/lugares son significativas (reflexos da nosa idiosincrasia, sitios especiais...) que estas teñan unha calidade aceptable, designalas convenientemente, incluír uns efectos atractivos, arquivos de son, texto (pouco, pero o necesario... Por certo, terá que estar en inglés). E todo o que se vos vaia ocorrendo.
Tedes de prazo ata o venres desta semana, salvo que alguén o queira rematar na casa que nese caso poderá enviarmo ata o domingo á noite.
Un bo traductor on line é www.wordreference.com
A TRABALLAR!

No hay comentarios: