lunes, 29 de septiembre de 2008

Condicións para a presentación (conta de correo)


Recordade que a presentación debe ocupar un tempo entre 4 e 5min. O número de diapositivas dependerá da cantidade de texto que poñamos e do tempo de transición entre diapositivas así como dos efectos que incluades para os distintos elementos que introduzades.
Puntos que debería incluír (na parte de Vigo):


  1. Localización xeográfica da nosa cidade (Buscar se atopades un vídeo panorámico da cidade)

  2. Datos xerais (en principio só unha diapositiva, para no poñer moito "rollo"): pobación, sectores nos que traballa esta, equipos deportivos destacados, lingua, clima...

  3. BREVE historia da cidade

  4. Lugares de interés turístico: parques, prazas destacadas, recunchos con encanto, outros...

  5. Arredores de Vigo (sobre todo a nivel paisaxístico)

  6. Ocio en Vigo (tendas, saír en Vigo, actividades "alternativas", sitios "diferentes"...)


Quizáis o prazo ata o venres é algo escaso, así que podemos amplialo un poco máis se o precisades.


Pode que precisemos case toda a semana para facer a parte da cidade (recordade que ten que te o texto en inglés, incluír son, efectos de animación... E unha estructura ordenada. Todo iso levaravos certo tempo). O venres pode ser a data tope e adicarlo ademais a facer as fotografía do insti para dedicarlle un par de días máis da próxima semana para incluír esta parte.


Por tanto. DATA LÍMITE PARA ENTREGAR A PARTE DE VIGO: VENRES 3 (OU OS QUE O REMATES EN CASA, DOMINGO 5 ÁS 00:00H). Ese parte non deberá ocupar máis de 3min.

DIRECCIÓN DE CORREO: anxinhos80@gmail.com

No hay comentarios: