martes, 23 de septiembre de 2008

Normas básicas ó entregar os documentos de Word

AQUÍ QUEDAN OS PUNTOS QUE HOXE COMENTAMOS

- Deberán ter sempre un encabezado e un pé de páxina
No encabezado deberá poñer “TIC 1º BACH … + TÍTULO DO TRABALLO”
No pé deberá aparecer o nome do autor e a data final (inserila o último día)
- Deberá estar sempre paxinado
- Uso de títulos se é requirido (en caso de usalos é obrigatorio poñer un índice ó comezo do documento que se xera AUTOMATICAMENTE se os títulos están ben definidos)
- Texto deberá estar xustificado
- Tamaño de letra e formato apropiado (o texto normal, tamaño 12). Interliñado 1,5
- Entre diferentes parágrafos haberá que engadir unha separación lixeiramente superior (anterior: 6 puntos; posterior: 6 puntos) e sangría na primeira liña.
- En caso de ser necesario haberá que empregar correctamente: táboas, columnas, inserir imaxes, gráficos, autoformas, diferentes seccións...

No hay comentarios: