martes, 23 de septiembre de 2008

DESCULPAS POLO "DESORDENADO" COMEZO DE CURSO

Ola de novo!
Levamos dous días de teóricas clases e o certo é que é un feito que estas foron cando menos caóticas, e o de chamarlle clases é un tanto optimista.
De veras o sinto e pídovos desculpas, pero son causas alleas a min. Organizar un instituto de case 700 persoas non resulta sinxelo e "cuadrar" os horarios de máis de 60 profes e non sei cantos grupos tampouco.

Como vos dicía hoxe, esta asignatura é nova e eu teño todas as miñas ganas de facelo o mellor posible e tentarei adicarlle todo o tempo que poida. Pero quería repetirvos a miña solicitude de colaboración e paciencia pola vosa parte.
Confío en que poida ser unha materia entretida, relaxada e na que aprendamos cousas útiles.
Ata o próximo día.

No hay comentarios: