viernes, 30 de enero de 2009

INFO ADICIONAL (POR CORTESÍA DE ABEL)


A modo anecdótico e como información adicional relacionada co infinito mundo das TIC esta entrada fala dun tipo de dispositivo denominado SAI que pode servos útil nalgún momento se o voso PC contén algún día información que consideredes de especial importancia.
Estas siglas correspóndense co termo "Sistema de Alimentación Ininterrumpida" e é, para entendernos, unha batería que suministra enerxía en caso de corte no sumistro eléctrico. Permiterá así que o voso ordenador non se "decate" se falta a corrente na casa.
Se tedes certa curiosidade podedes ler o seguinte enlace da wikipedia.

Sen dúbida que o traballo en equipo e o intercambio de información é o mellor modo de que a a ciencia e a sociedade en xeral avance.
A todos os meus alumnos que me dan novas ideas, me obrigan a tentar estar ó día e me ensinan novas cousas día a día, GRAZAS.

martes, 27 de enero de 2009

Reducir o tamaño dunha foto

Moitas veces queremos enviarlle a alguén unha colección de fotos ou queremos colgalas en algún lugar da rede; pero con frecuencia esas fotos "pesan" moito xa que a maioría das cámaras dixitais traballan con altas calidades e isto dá como resultado fotos que ocupan moito tamaño.
Se é unha soa foto xa deberíades recordar que o GIMP ten unha ferramenta que permite escalar a foto e por tanto reducir as súas dimensións e así o o seu peso.
Pero se queredes reducir 50 fotos, por exemplo, abrila unha por unha sería moi tedioso.
Existe na rede un programiña de rápida descarga denominado "resize" que vos permitirá reducir o tamaño de varias fotos simultáneamente. Podédelo topar facilmente na páxina de softonic
A min resúltame bastante práctico. Pode que a vós tamén. Recordádeo se algún día precisades sabelo.

jueves, 22 de enero de 2009

Apariencia dun slide show

A páxina na que vos mando entrar para poñer algunha das vosas fotos permitiravos darlle unha aparienza deste tipo

miércoles, 21 de enero de 2009

OLLO!! NOVO VIRUS ANDA SOLTO

Se entrades na páxina do Ministerio
http://alerta-antivirus.inteco.es/portada/index.php
infórmavos de maneira actualizada dos virus que andan soltos pola rede.

... Infección masiva de ordenadores por el gusano Downadup (Conficker) . En los últimos días se está detectando una infección masiva de ordenadores producida por el gusano Downadup, también conocido como Conficker....

O QUE HAI QUE ENTREGAR DO GIMP (I)

ENTRADA 1: "O meu slide show con fotos do Gimp"
Usando a ferramenta do "slide" (poñendo no google "slide" abride a primeira páxina www.slide.com), debedes creer unha mostra móbil das imaxes que creastes co Gimp este días.

As imaxes que deben aparecer son:
- a foto con marco
- as fotos cos diferentes filtros que vos pide probar na unidade00
- a imaxe á que aplicastes a lente
- as imaxes do arquero coas diferentes variantes de color
- unha foto vosa modificada con algunha das ferramentas estudiadas ata agora

Debedes investigar vós como usar esta ferramenta e como facer para inserila no voso blog. Se non sodes capaces explicareino eu, pero é importante que vós "investiguedes" e vos atrevades a probar.

A esta entrada tedes que poñerlle un breve texto de entrada.

ENTRADA 2:"Ferramentas do gimp"
En formato de táboa debedes crear unha lista con 8 ferramentas que levedes usado do Gimp e comentar (COA VOSA EXPLICACIÓN) qué permite facer cada unha e citar un exemplo de onde a usastes. Utilizando a captura de pantalla tedes que mostrar na táboa a icona de cada unha das ferramentas comentadas.

Ademais debedes comentar como modificar a cor dun obxecto de modo detallado.

Ese documento debedes subilo a google docs e despois copiar o enlace no blog.

ENTRADA 3:"Montaxe de fotos"
O resultado final da foto "guardian-guardadas" cun breve comentario sobre como o fixestes.

ENVIAR Ó MEU CORREO:
Ó meu correo electrónico debédesme enviar:
- o arquero nos diferentes formatos en que se pedía gardalo e darme as propiedades de cada unha destas imaxes
- o can " a la alza" e "a la baja" e comentar que ocorre ó facer estas dúas modificacións
- o exercicio de "capas" dos círculos
- o exercicio das capas transparentes

martes, 20 de enero de 2009

TEMAS TEÓRICOS

Para os que queirades facer un tema teórico como exposición oral aquí vos queda o enlace cos 5 temas propostos.
Os que dicidades facer un destes temas, dado que xa dou prácticamente o guión feito,non é preciso que me entreguedes nada. O que si teredes que entregarme, antes da vosa exposición é un guión co tipo de exercicios que ides propoñer.
O tema 5 está menos concretado que os outros, polo que quen queira facer este ten qeu concretar algo máis os puntos.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_204dv6mvzcn

domingo, 11 de enero de 2009

Terminoloxía TIC

Coa rapidez que avanza a "sociedade da información" é case imposible estar o día de todas as novas aparicións, modificacións, correccións... ou dominar toda a terminoloxía nova que vai xurdindo con cada nova idea.

Hoxe pódese ler na prensa "Aparece a versión beta do Windows7" (o substituto do windows Vista). O termos version beta aparece con frecuencia ó falar de software, pero se coma min non tedes moi claro o que significa entrade no seguinte enlace da wikipedia (bendita wikipedia!!)
http://es.wikipedia.org/wiki/Fases_del_desarrollo_de_software

OpenOffice Portable

Se algún quere ter dispoñible o open office na casa, pero non quere instalalo no ordenador neste enlace explícanvos o que é o "open office portable", que vos permitirá ter a suite ofimática completa nun usb para poder empregala en calquera ordenador sen necesidade de instalala.
http://www.genbeta.com/2008/12/21-openofficeorg-30-portable
Ó entrar nesta páxina veredes que vos remite a outra web (en inglés) de onde podederedes descargar este "programa de bolsillo".

sábado, 10 de enero de 2009

PUNTOS A VALORAR NA EXPOSICIÓN

No seguinte enlace podedes ver os aspectos que serán valorados na exposición.
Isto pode servirvos para puntuar vós mesmos a vosa exposición unha vez que a teñades preparada e ensaiada. Dicídelle a alguén que vos escoite e faga de profesor.
Tamén vos pode axudar a preparala xa que isto vos debe dar unha idea do que se pide.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_203hm82f973

Igual conviña botar contas...


Aprendemos…
10% do que lemos
20% do que oímos
30% do que vemos
50% do que vemos e oímos
70% do que discutimos con outros
80% do que intentamos
95% do que ensinamos a outros


(William Glasserin, Seven Ways of Knowing)



COMO CONSEGUIR ENCANDILAR Á AUDIENCIA...

Expoñer é unha actividade completa, non é suficiente dominar o tema, é necesario crear un ambiente, seducir, facer que a audiencia se apasione co teu tema. Ter estes consellos en conta á hora de construir as túas presentacións tal vez pode ser a diferenza entre obter un 5 ou un 7; conseguir ese ascenso, ou convencer a ese cliente...

Ten en conta os seguintes consellos á hora de preparar a túa presentación




A esencia do fracaso dunha presentación é ante todo o aburrimento. A xente pode soportar o ridículo e mesmo a estupidez, pero frente ó aburrimento queda indefensa.

http://my.opera.com/suribe/blog/2008/01/16/como-hacer-una-mala-presentacion
Non te lies, non aburras, non desenvolvas en exceso unha idea. Non debe haber información superflua. Que sexa sinxela, pero non simple. Breve pero contundente. Para isto é moi útil sentarse a pensar antes de nada ¿Cal é o propósito da miña exposición? ¿Que é o que a audiencia se debe levar despois de escoitarte/verte? ¿Que é o que espera e valora a audiencia?
Conta algo que mereza a pena ser contado ós amigos, familiares, colegas de traballo. Algo que a xente recorde. Algo que mereza a pena ser escoitado.

jueves, 8 de enero de 2009

Como descargar GIMP

Na páxina web do instituto podedes descargar o programa para empregalo na vosa casa.
http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?cat=34
Se alguén non é capaz de descargalo ou ten algún correo ó instalalo, mandádeme un correo dicíndomo e enviareivos as instruccións máis detalladas nun pdf.

Presentando o GIMP

GIMP é un programa de tratamento de imaxes libre. É ideal para tarefas como retocar fotografías, crear imaxes para unha web, etc. Distribúese baixo unha licenza libre, o que permite usalo, distribuilo o mesmoo adaptalo ás necesidades de cada un.
Gimp ten múltiples características, algunhas delas:
  • Traballa con capas
  • Soporte de plug-ins
  • Recoñece múltiples formatos de imaxes (PNG, JPEG, GIF, TIFF, MNG, BMP, PSD, e un longo etcétera)
  • É capaz de ler algúns formatos de gráficos vectoriais, como PostScript o SVG.
  • GIMP pode usarse tanto en sistemas Unix (como Linux) como nos Windows de Microsoft.

Ademais desta presentación do programa na páxina oficial do mesmo podedes atopar tamén un montón de entradas sobre aspectos que poden ser de interés.

Aquí déixovos o enlace ás FAQs pero hai moitas máis cousas

http://www.gimp.org.es/modules/xoopsfaq/index.php?cat_id=1#q1

miércoles, 7 de enero de 2009

NOVO TRABALLO_INSTRUCIÓNS

No seguinte enlace podedes ver as instruccións para o próximo traballo deste trimestre. Lédeas con calma e preguntade as dúbidas

http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_201dkpvmdm3

REMATAN AS FESTAS...

Para volver retomar os vosos blog o primeiro que debedes facer hoxe é unha pequena reflexión sobre estas festas; pode ser unha reflexión xeral sobre o nadal, un artigo gracioso sobre as festas, unha crítica ó noso modo de celebralo, unha flexión persoa sobre como pasastes vós as vacacións, un relato sobre o Nadal hoxe e cando tiña 10 anos menos... e ata un comentario sobre as TIC e os regalos de nadal.
Acompañade esta nova entrada do blog cunha imaxe navideña que vos guste.

Cando as teñades feitas mandádeme un mail co asunto "Nadal" e no corpo da mensaxe volvédeme escribir o enlace o voso blog (sobre todo aqueles que tiveron problemas, esqueceron os contrasinais, tiveron que crear 2 ou máis...)

REMATAN AS FESTAS... PROPÓSITOS DE ANO NOVO


Os pequerrechos da casa están aínda lamentando a marcha do gordo vestido de vermello, xa de volta cos seus renos camiño das frías terras; contáballe hoxe ó fillo duns amigos que me preguntaba polos Reis que din que os viron abandonar a Península camiño de Oriente cos seus camelos xa case diabéticos (de tantos doces e vasos de leite que lles deixaron el e os seus compañeiros de parvulario; menos mal que sempre quedan eles para manter a ilusión e seguir crendo nos soños!!)

Os adultos están a día de hoxe lamentándose dos quilos collidos, xurando ir ó ximnasio... "o luns" e facendo números que expliquen onde raios marchou a extraordinaria. E entre todos estes pensamentos que deixan xa lonxe a festa e o "jolgorio" miran de esguello ó despertador que lles recorda que volve a rutina de todos os días.

Os meus alumnos confío que se lles pasara xa a resaca dese -para algúns- primeiro fin de ano e que mañán veñan cheos de enerxía para facer honor á frase ben coñecida de "ano novo, vida nova". Espero que os sempre optimistas propósitos de ano novo se cumpran (eses de non volverei deixar todo para o domingo a tarde", non enfadarei ós meus pais con tanta frecuencia", non farei o simpático na clase de [...]", ..., non copiarei os traballos da rede", deixarei de visitar o Tuenti en clase de TIC",...)

Pola miña parte, despois de pasar dúas semanas tentando recuperar as horas de sono de final de curso, ordenar os apuntes, ir de cea en cea, visitar aquel que hai 2 meses lle dixera que o chamaba "mañán" e comer máis do necesario na casa dos avós fixen tamén os meus propósitos para este 2009. Quero: corrixir as cousas ó día, tentar traballar máis, non preparar as clases o domingo á tarde, mimar un pouco máis ós pequenos da miña titoría, tentar propoñer actividades o máis entretidas posibles e ser un pouco máis estricta nas datas de entrega -pois ser flexible non serviu de moito-.
Seguro que moitas destes propósitos quedarán ó 50% pero sobre todo espero que cando acabe o ano siga dicindo que teño o mellor traballo do mundo, o que sempre quixen facer.

Espero que entre todos o trimestre transcorra sen sobresaltos, enfados ou decepcións.