sábado, 23 de mayo de 2009

Unha saída rápida e bastante digna: GOOGLE SITES

Se entras na web de Google Sites comprobarás que novamente os Apps de Google che ofrecen unha boa ferramenta coa qeu poderás iniciarte no mundo do deseño de páxinas web dun xeito moi sinxelo e sen traumas.
http://www.google.com/sites/help/intl/es/overview.html
Aquí poderás ver un pequeno vídeo (en inglés! Pero se prestas atención algo entenderás) sobre esta ferramenta.
Neste enlace:
http://sites.google.com/support/?hl=es
atoparás de modo detallado unha introducción do como usar "Google sites".
Despois deste curso deberías estar algo máis acostumad@ a "sacarte las castallas del fuego" ti mesmo e a "buscarte la vida" a través da rede e das súas infinitas opcións. Así que nesta caso debes ler (PACIENCIA!! Xa sei qeu non é a túa aficción favorita) e moverte polas difrentes entradas ata conseguir deseñar a páxina da túa empresa.
Valorarase o contido, a claridade, a facilidade de localizar contidos, o vocabulario, a orixinalidade, a estética ... Vamos, todo o que fai unha web atractiva.

Imaxinación e páxina web

Coa información contida na páxina "HTML con clase" deberiamos ser capaces de crear unha páxina web completa dende o principio, pero isto requiriría moito máis tempo do que nos queda; veresmos en breve unha solución rápida -aínda que tamén máis limitada-, pero que nos poderá servir para comezar.

Pero antes diso é hora de exprimir un pouco a vosa imaxinación (que corre o risco de quedar atrofiada):
  • Acabas de crear unha empresa na que ofreces algún producto ou servicio novidoso (ti eres o director xeral polo que ti decides todo o que queres).
  • Tes que deseñar a estructura básica dunha páxina web da empresa
  • Terás que idear un logo sinxelo, un eslogan e inventar un nome para a empresa.
Debes enviar o deseño básico cos diferentes apartados que terá a web e noutra folla do documento debédesme explicar brevemente en que consistiría a túa empresa, a que público vai dirixida e que demanda vai cubrir ese producto.

A linguaxe HTML. Comezamos a programar...

A seguinte seguinte páxina web é un sitio con MOITÍSIMA información sobre a linguaxe HTML e sobre as páxinas webs en xeral.
Queda pouco tempo de curso, así que non poderemos aproveitar toda a valiosa información que aí aparece recollida. Pero nos días de clase que quedan nesta semana debedes realizar como mínimo as tres primeiras actividades do titorial que aparece nela. Debedes ir enviándome os diferentes arquivos que vos pide ir creando e recordade prestar a atención ó que ledes pois faremos un cuestionario sobre elo.

Algo de páxinas web...

Nos próximos días ímoslle dedicar un chisquiño de tempo ás páxinas web...
Se ben tod@s as usamos continuamente é importante que entendamos -ou menos pretenciosamente, comecemos a vislumbrar- que é realmente unha web, que hai detrás dela, que diferencias hai cos blog, como se pode crear unha web, que vai escrito "detrás" do que nós vemos ó teclear unha dirección....

Comezaremos respondendo a unha serie de cuestións que teredes que buscar e enviar respostadas ó meu correo O LUNS 25 de maio, ó remate da clase. Trátase de que busquedes as respostas e vos paredes a ler detidamente o bombardeo de información que aparecerá, tentando sacer unha idea o máis concreta posible e redactala coas vosas palabras.

SABER BUSCAR na rede é hoxe en día fundamental. Idear e aprender estratexias para buscar dunha maneira rápida e eficiente é, no case infinito océano de información -o cal crece e crece cada día-, totalmente necesario para non quedar sumerxidos e afogar.

No seguinte enlace tedes as preguntas. Debedes indicarme as páxinas webs das que finalmente sacastes a información.

jueves, 21 de mayo de 2009

Unha noticia "tecnolóxica" triste, pero que ten un toque que che fai sorrir

Impresionante que haxa xente desta idade con esta vitalidade!! Oxalá nos serva de exemplo
O podcast é digno de escoitar. Di moitas cousas, algunhas coas que estaredes dacordo, outra que tal vez vos fagan pensar, outras nas que non coincidiredes...pero se o escoitades con algo de atención di moitas cousas merecedoras de adicarlle un par de segundos do voso tempo.
http://lahuelladigital.blogspot.com/2009/05/muere-la-abuela-bloguera.html

Os vellos teñen a sabiduría que só os anos poden dar...

jueves, 14 de mayo de 2009

Do youtube a mp3 e de texto a voz

Se vos gusta un vídeo de youtube e queredes extraer só a súa música en formato mp3 podedes facelo directamente a través desta páxina, sen máis que copiar a URL do vídeo onde vos indica.
http://www.vidtomp3.com/

Grazas Óscar

Outra páxina interesante é http://vozme.com/index.php?lang=es onde podedes introducir un texto e a propia aplicación crea un arquivo de son co contido deste. (A cuestión é que a voz é bastante impersoal, pero para xogar un rato non está mal).

Grazas Emilio
Outro conversor máis de texto a voz. Paréceme que soa mellor que o anterior. Probádeo.
Grazas Daniel

domingo, 10 de mayo de 2009

sábado, 9 de mayo de 2009

Un blog interesante

Para rir un anaco!!
Pero lédeo detidamente, vos que estádes próximos ós 18 e ó ansiado carnet... Ter isto en mente pode ser de vital importancia.
http://tardeselectricas.blogspot.com/2009/03/deportes-de-riesgo-conducir-en-vigo.html

jueves, 7 de mayo de 2009

A MIÑA PRIMEIRA VEZ... GRAVANDO VOZ

ISTO FOI O MEU PRIMEIRO ARQUIVO DE SON GRAVADO CO AUDACITY!!
Isto das primeiras veces é o que ten... Moi emocionante, pero como case sempre o resultado un tanto decepcionante...

Enlace de contos en mp3

Neste enlace podedes descargar sen problema contos en MP3 para traballar con eles no 3º traballo do audacity
http://www.radioteca.net/rtk_audios.php?pagina=6&id=12
Grazas, Eugenio

martes, 5 de mayo de 2009

Comezamos co Audacity


Primeiras instruccións sobre o Audacity...
Mirade o enlace e lede con calma os enunciados dos exercicios propostos.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_250gm5wr4hh

Traballo con Windows Movie Maker

Dadas o sinfín de dificultades técnicas coas que me topei, o traballo de edición de vídeo será un traballo para casa. No seguinte enlace podedes ver a condicións deste traballo, o cal ten que ser INDIVIDUAL. Aínda que se fixera a exposición por parellas, cada un deberá tratar o vídeo na súa casa -seguro que o resultado será diferente-.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_249fq6nxwc2

lunes, 4 de mayo de 2009

AS VOSAS PROPOSTAS PARA O TRIMESTRE

As son as propostas que recollón dos vosos blogs para este trimestre:
  • PROGRAMA DE SON E VÍDEO (traballaremos co Audacity)
  • CREACIÓN DUN PROGRAMA --> PROGRAMAR UNHA CALCULADORA
  • CREAR PÁXINAS WEB
  • NON MÁIS GIMP – (mentras que outros din que é O QUE MÁIS GUSTOU)
  • MÁIS TEMPO PARA FACER OS TRABALLOS
(¿¿pero se a metade as veces estades sen facer nada???)
  • DAR A COÑECER O FUNCIONAMENTO DE TODOS OS PROGRAMAS QUE USAMOS A DIARIO... 
  • (Pero se os usades a diario suponse que xa os sabedes manexar, non??)
  • TEORÍA (“trabajos prácticos no tienen ninguna utilidad”)
  • ¿PHOTOSHOP?? Non é posible, é software propietario
Está prohibido nos centros de ensino se non se teñen/mercan as licenzas
  • COMO MANEXAR O MAIL (¿¿¿)
  • SABER ALGO MÁIS SOBRE HACKERS
Na medida do posible tentarei levalas á práctica, se ben algunhas son contradictorias...

3º TRIMESTRE ALUMNOS DE BACH C e D

No seguinte enlace podedes ir vendo os traballos que deberíades levar entregado neste trimestre.

http://spreadsheets.google.com/pub?key=rgPT0JQTMlF05gAe6X7v8QQ

As dúas últimas filas fan referencia a traballos que aínda non experiou a data de entrega e aínda están por definir totalmente as condicións do traballo.
Os demais apartados xa foron corrixidos e puntuados por tanto, e salvo ós que lle mandei corrixir algo do contido ou do formato, non poden ser entregados xa.

Recordade que TODO o que mande facer será puntuado, obviamente dun modo ponderado en función da dificultade e extensión do traballo ou actividade proposto.

Unha web interesante

Unha web que merece a pena visitar

http://es.wikipedia.org/wiki/The_Pirate_Bay

Moitas grazas por todo, Abel