Despois da infructuosa (e desesperante) clase de hoxe á última hora, levo un bo rato paseándome por diferentes foros de internet sobre o WMovie Maker e indigando o problema que hai cos arquivos da nosa cámara dixital.
Polo que puiden ler, as cámaras gravan os arquivos en formato .mod e algunhas versións do programa non os aceptan. Según lin, os .mod son en realidade arquivos .mpg (e estes si que non deberían dar ningún problema para importalos con WMM).
Por sorte parece que non hai que usar ningún conversor, senón que simplemente podemos cambiar a extensión do arquivo e poñer .mpg e lugar de .mod. Din que así funciona. Mañán probaremos.
OLLO!! Se non podedes ver a extensión dos vosos arquivos tedes que ir:
mi pc > menú herramientas > opciones de carpeta > menú ver > (buscar cara ó final onde di "ocultar extensión" e desactivalo se está activado).
martes, 28 de abril de 2009
Titoriais sobre o Windows Movie Maker
O SEGUINTE TUTORIAL É SINXELO, PERO PODE QUE VOS SEXA ÚTIL SE NALGÚN MOMENTO NON TEDES MOI CLARO COMO FACER AS COUSAS...
Usando o Movie Maker
OUTRA MÁIS DETALLADO (ESTA VEZ EN INGLÉS)
Windows Movie Maker
Usando o Movie Maker
OUTRA MÁIS DETALLADO (ESTA VEZ EN INGLÉS)
Windows Movie Maker
domingo, 26 de abril de 2009
CONFERENCIAS sobre SOFTWARE LIBRE
Para os que estean interasados déixovos aquí un enlace sobre as conferencias que vai en Vigo esta semana Richard M. Stallman, o presidente de FSF, a Fundación do Software Libre.
https://www.fsf.org/events/rms-speeches.html
Estará en toda Galicia pero en concreto poderedes velo en Vigo o xoves 30 de abril, no auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo, a partir das 16:00 h onde pronunciará dúas conferencias cos títulos "El Movimiento del Software Libre" e "El Peligro de las Patentes de Software". Estas conferencias están enmarcadas no Máster en Software Libre de Caixanova, pero son de libre acceso. Para poder asistir é necesario cubrir un formulario, por razóns de cálculo do aforo.

martes, 14 de abril de 2009
DEREITOS DE AUTOR E DEMAIS (para os de BACH C e D)
Presentación sobre dereitos de autor, propiedade intelectual..
BOTÁDELLE UN OLLO!! (ou os dous)
Recordade que tedes que facer o traballo sobre as licencias CREATIVE COMMONS que está detallado no pdf que vos mandei
BOTÁDELLE UN OLLO!! (ou os dous)
Recordade que tedes que facer o traballo sobre as licencias CREATIVE COMMONS que está detallado no pdf que vos mandei
PRESENTACIÓN
Enlace á presentación sobre as actividades deste trimestre
http://docs.google.com/Presentation?docid=df47wvb5_215f7w2kscr&hl=en
http://docs.google.com/Presentation?docid=df47wvb5_215f7w2kscr&hl=en
PRIMEIRA ACTIVIDADE DO TRIMESTRE
Enlace co exercicio sobre RSS e PODCAST para os alumnos de A,B e E
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_244cvhzj3dm
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_244cvhzj3dm
domingo, 12 de abril de 2009
COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE

PETICIÓNS e PROMESAS DE SEMANAN SANTA:
Dado que esta é unha época na que moitos acuden ós seus santiños a facer peticións e promesas, eu tamén aproveitarei:
- Pídovos a vós atención, traballo e esforzo, para que o final de curso transcorra sen problemas, que o ritmo de traballo se acelere en varios de vós, que entreguedas os traballos na data e que por fin consigades entender algúns que a aula de informática non é un ciber.
- Pídovos tamén poñer boa cara cando propoña actividades que non vos resulten de todo atractivas (tendo en conta que a vosa frase máis usada é "esto es un rollo" vai ser difícil, seino)
- Pídovos darlle uso a esas "cabesiñas", que poden dar moito máis rendemento do que lles estades a sacar...
- Pídovos tamén paciencia e ata algún atismo de estima cando meta a pata, me esqueza de subir algo ou non teña clara algunha das vosas preguntas (recordade que os que nacestes co ordenador baixo o brazo fostes vós, eu inda era das que viña co pan).
- Prometo tentar facer actividades o máis amenas posibles (pero recordade que o currículum non o poño eu) e seguir estudando e investigando cousas novas que contarvos e que vos sexan útiles
- Prometo ter paciencia (ata onde me chegue) os martes e os xoves a 6ª hora
Neste tono cómico espero que teñades descansado moito nas vacacións, veñades con forzas renovadas e leades esta entrada con atención e poidamos todos desfrutar dun agradable e proveitoso fin de trimestre.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)