miércoles, 29 de octubre de 2008

Pasar un documento a pdf

Cando pasamos un documento a pdf este soe ocupar moito menos que o mesmo documento en Word ou en openOffice. Ademais os pdf son moito máis difíciles de plaxiar (pódense copiar por anacos, pero non copialos directemente e modificalos ó noso antollo como ocorre cos outros).
Por este motivo é interesante pasar as nosas creacións a pdf.
a) Se tedes un traballo en Word non o podedes facer directamente, senón que vos teredes que descargar o "pdf creator". Este programiña ocupa pouco e pódese descargar directamente dende a web. Por exemplo dende softonic.
b) Se estades traballando xa co OpenOffice (sería o recomendable para evitar problemas) este é moito máis rápido, pois o propio programa xa ten a opción de "exportar a pdf". Está no menú "arquivo" > "exportar en formato pdf". O que fai é crearvos unha COPIA (non modifica nin elimina o que tedes como texto .odt) do voso traballo, pero agora con formato pdf.

Unha vez feito isto, debedes subir o arquivo pdf ó voso apartado de google docs (xa está explicado na entrada anterior). PERO HAI UN PROBLEMA. Se tentades xerar o enlace para poder copialo no voso blog veredes que esta opción aínda non está "lista". O único que vos permite é compartilo cun persoas concretas (non poñelo á vista de todos). Para isto, seleccionando previamente (clic) o arquivo correspondente da lista de "docs", ide ó botón que di "Share" que está na barra da parte superior. Sairamos unha ventaniña que di "invite people", selecciona "as viewers" e escribide a miña dirección de correo: anxinhos80@gmail.com
Eu recibirei no meu correo un enlace dende o que poderei ver o voso traballo.

Mans á obra!!

No hay comentarios: