Ola a todos!
Levo case un ano sen escribir, pero hoxe tiña ganas de facelo; así que usarei o meu blog como diario, aquilo para o que naceu nos seus inicios...
Acábase o curso, xa queda moi lonxe as clases de TIC cos meus peculiares alumnos de TIC; 2 grupso variopintos e especiais, sobre todo especiais. Eses alumnos especiais hoxe tiveron o seu primeiro día de selectividade. Oxalá eu puidera enviarlles toda a sorte que lles desexo. De todos xeitos estou segura que non lles ha facer falta.
Este ano non puiden impartir esta asignatura,e o certo é que a botei en falta. Quizais o ano que ven haxa a posibilidade de dala...non o sei... Xa vos contarei.
Hai un montón de cousas novas que saen cada día...Xa non sei cantas horas lle terei que adicar para poñerme ao día. Espero ter tempo en verán para seguir argallando coas novas ferramentas que cada día aparecen.
Saúdos a todos (se alguén me le aínda).
miércoles, 16 de junio de 2010
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
