PARA os alumnos de TIC que vos fostes de excursión o martes:
Ese día estivemos repasando unha serie de conceptos e ideas que Emilio foi "vertendo" o primeiro día da súa exposición para ir asentando os mesmos.
Aquí vos queda o enlace coas preguntas que estivemos respondendo entre todos. Nun ratiño libre, mirade se seríades capaces de respostar a estas preguntas. Se alguén quere saber algunha resposta sobre este cuestionario, enviádeme un correo.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_207fn77b7f3
miércoles, 18 de febrero de 2009
martes, 17 de febrero de 2009
BIOS
Por cortesía de Abel aí vos deixo un enlace sobre a BIOS onde podedes ver o que significan as súas siglas e algunha información máis:
http://es.wikipedia.org/wiki/BIOS
http://es.wikipedia.org/wiki/BIOS
lunes, 16 de febrero de 2009
ARQUIVOS CON FORMATO .ISO
RECORDADE QUE TEDES QUE GRAVAR NUN CD O UBUNTU PARA QUE EMILIO POIDA EXPLICARVOS O RESTO DA SÚA EXPOSICIÓN.
PASOS:
- Entrar na páxina de Ubuntu e descargar a versión 8.04
(para isto o máis cómodo é poñer no google directemente "descargar Ubuntu 8.04" )
- Cando o descarguedes teredes no voso ordenador un arquivo duns 700Mb con formato .iso
Neste enlace explícase de onde o podedes descargar e algunhas capturas de pantalla que vos poden axudar.
http://www.illi-pro.com/que-son-los-archivos-iso-y-como-grabarlos-quemarlos-en-un-cd-dvd-o-emularlos-con-daemon-tools/
Se tedes problemas, avisádeme.
PASOS:
- Entrar na páxina de Ubuntu e descargar a versión 8.04
(para isto o máis cómodo é poñer no google directemente "descargar Ubuntu 8.04" )
- Cando o descarguedes teredes no voso ordenador un arquivo duns 700Mb con formato .iso
¿Que é .iso?

Imagen ISO é un arquiivo onde se almacena unha copia ou imaxe exacta dun sistema de ficheiros, normalmente un disco compacto (como un CD ou un DVD). Principalmente as imaxes ISO son gravadas nun CD ou DVD completamente en branco para ser despois empregadas.
¿Como grabar/quemar una imagen .iso?

Para grabar unha imaxe .iso nun CD/DVD utilizaremos un programa gratuito chamado:
ISO Recorder
Seguro que se buscades atoparedes outros que vos permiten facer o mesmo. Co propio Nero tamén podedes facelo (se na casa tedes o Nero e queredes ver de modo detallado como facelo, basta con que poñades en google "Grabar archivos iso" e localizaredes algunha explicación facilmente).Neste enlace explícase de onde o podedes descargar e algunhas capturas de pantalla que vos poden axudar.
http://www.illi-pro.com/que-son-los-archivos-iso-y-como-grabarlos-quemarlos-en-un-cd-dvd-o-emularlos-con-daemon-tools/
Se tedes problemas, avisádeme.
HOT POTATOES
Para os que vaiades facer un tema teórico, aquí tedes un par de enlaces que vos permitirán usar un programa chamado "HOT POTATOES" que permite crear actividades interactivas.
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_205fvgpq4dc
http://docs.google.com/Doc?id=df47wvb5_205fvgpq4dc
domingo, 8 de febrero de 2009
DATAS PARA AS EXPOSICIÓNS
Aquí vos quedan os CALENDARIO COAS DATAS DAS EXPOSICIÓNS de cada un dos grupos. Comprobade que día vos toca, asegurádevos de que tedes claro o que queredes facer, o que se vai avaliar, os recursos que vos van facer falla... Aquilo que vos faga falla comprobar, fotocopiar, colocar... debedes dicirmo con certa antelación.
É imprescindible facer este traballo para aprobar a avaliación. Se alguén non pode vir na data que lle corresponde deberá avisarme en canto o saiba.
Se se debe a un imprevisto e non o sabedes ata ese día teredes que facelo ó día que volvades a clase.
Se facedes clic onde di "Agenda" (na esquina superior dereita do calendario) seravos máis fácil localizar a data da vosa exposición.

jueves, 5 de febrero de 2009
OLLOS "ROXOS" NAS FOTOS
Cando comecei a estudar o GIMP a miña aspiración inmediata era aprender a quitarlle os ollos roxos ás fotos.
Seguramente moitos de vós xa sabíades facelo co Photoshop ou algún outro programiña similar.
Por se hai alguén que non sabe como facelo dicirvos que existe un filtro que directemente se chama "quitar ojos rojos".
Se queredes un método máis eleborado aquí atopei un magnífico titorial onde o explica con moito detalle. O problema é localizar algunha das opcións que cita. Algunhas pode que non saibades onde están (non vimos todas as opcións que garda GIMP) e outras non están nas rutas que indica, pero buscándoas, aparecen.
http://www.usuarios.lycos.es/ciberespaciojoven/Ojos_Rojos.htm
Aquí vos queda, por se vos fixera falla.

martes, 3 de febrero de 2009
XOGANDO CO GIMP

Agora que xa sabemos (ou debemos saber) algo de capas, sabemos como movelas cando existen varias, como facelas parcialmente transparentes, cambiar cores de fondo e de liñas, crear capas novas, borrar outras, combinar varias...
Trátase de facer algo entretido e orixinal!!
Partindo dunha foto vosa tedes que ser capaces de facer unha "caricatura" de vós mesmos.
Teredes que usar diferentes ferramentas e valorarase a orixinalidade, a complexidade do producto final, o número de ferramentas empregadas...
Debedes colgar o resultado final no blog e poñer os pasos seguidos de xeito detallado.
Tedes unha sesión para facer isto!! A traballar
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)